miércoles 24 de junio de 2009

PREMIOS ÓS MÁIS PARTICIPATIVOS



o 22 de xuño fíxose entrega, na biblioteca, dos premios ós membros do club que empregaron máis recreos en acudir ás reunións( tres MP3 e un balón) , e tamén o premio(un MP3) ó Diario de Lectura máis completo.

Animádevos a participar no club, ler é divertido e ademais conseguimos premios...

Estamos a espera dos comentarios sobre os libros...

miércoles 13 de mayo de 2009

No terceiro trimestre estamos lendo...





Publicado en1943, é un relato corto do autor Antoine de Saint-Exupèry, narra a historia dun aviador perdido no deserto do Sahara, onde encontra a un principiño co que conversa sobre asuntos aparentemente sinxelos, pero que son finalmente os asuntos importantes da vida.

Esta banda deseñada na que Miguelanxo Prado crea espazos urbanos e rurais, e personaxes facilmente recoñecibles, permitenos un achegamento divertido á realidade da integración da arquitectura na paisaxe.
Da Mansión dos Pampín vamos facer unha lectura dramatizada, xa vos contaremos.




Estamos esperando polos comentarios das lecturas xa feitas... os membros do club están sendo un pouco folgazáns, veña animádevos... que vos espera o premio final de curso para os máis colaboradores.


SEGUIMOS LENDO O ABEIRO DO MONTE GALIÑEIRO



CINE-FORUM

Despois de ler O neno do pixama a raias, e para dar outra visión da mesma historia, fixemos unha sesión de cine-forum, proxectouse a película “ La vida es bella”.

jueves 26 de marzo de 2009

No curso 2008-2009 seguimos lendo no Galiñeiro

“Vixiados” polo monte Galiñeiro que cos seus 705m de altura é a cima máis alta dun espazo natural no que conflúen os concellos de Vigo, Porriño e Gondomar.
Continuamos nesta viaxe: Yerón, de 3º, Marta, Isis e Cristina de 2º, as novas e entusiastas incorporacións son de 1º.
Perdeuse a mascota, e mentras non aparece adoptamos unha gatiña que coma nós mostra interese polos libros.




Na MOCHILA DOS LIBROS lidos xa están:







Foron os nosos compañeiros de viaxe: Dana, Kai, Bruno, Fenrris, Michel, Mathius, Minia, a tía olga, e moitos máis... con eles visitamos cidades impresionantes, vimos paisaxes marabillosas, botamos unhas risas, tamén bágoas, pasamos algo de medo ... xa vos iremos contando as nosas aventuras.










martes 27 de mayo de 2008

Crítica al Valle de los Lobos


El libro de " Cronicas de la torre : El valle de los lobos " me parece genial y creo que Laura Gallego es una gran escritora . Ya me he leido tres de sus libros :

-Las memorias de Idhún : La resistencia .

-Las memorias de Idhún : Tríada .

Y el citado anteriormente . Me lo leí dos veces y estoy deseando leer la segunda parte .


Yerón


POSDATA : Mi personaje preferido es Fenris .


montando o punto de lectura

Nun rincón puxemos unhas cadeiras, un armario con revistas, corcheiras, etc. Despois fixemos unha caixa de suxerencias para que as botaran nela. Fixemos un galo como mascota e lle puxemos o título ó club que é: "Lendo no galiñeiro". Despois fixemos unhas votacións todos os recreos.
As reunións son os venres no recro.O gañador do galo é un neno de 1º c.

Elección da mascota

Nunha das nosas reunións pensamos que o que lle faltaba ao noso club de lectura era unha mascota, e como non, a idea foi instintiva: un galo
Para a elección deste galo propuxemos os alumnos de 1º de E.S.O que debuxaran galos.
Nunha preselección quedaron 7 para o concurso final onde poderia votar todo o persoal: conserxes, secretaria, persoal de limpeza, alumnos, profesores, cafeterias...
Tras tres dias de votacion eliximos o galo presentado por Bernardo de 1ºC; este galo acadou unha puntuación de 107 votos superando en 63 o seu máis inmediato perseguidor .
Como premio Bernardo recibiu un libro e o honor de que o seu galo sea a mascota do noso club